Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A CIG maniféstase polo dereitos dos traballadores en diversos puntos de Galicia

Posted by on Mar 10th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou para a xornada de hoxe manifestacións en Vigo, Santiago de Compostela e Ferrol para reivindicar os dereitos laborais dos cidadáns con motivo do Día da Clase Obreira Galega. Lembranza da Folga Xeral del Ferrol de 1972, que conlevou a mortes de dous traballadores dos astilleros Bazan por disparos policiais.

A creación de emprego digno, así como promover o crecemento económico nos sectores productivos galegos, son as principais reivindicacións da convocatoria. Na cidade viguesa a saída efectuarase ás 19:30 horas dende Vía Norte; en Santiago Compostela, comezará ás 20:00 horas na Praza Roxa; e finalmente o acto central terá lugar en Ferrol. Ás 12:30 horas realizarase a ofrenda floral no monumento 10 de Marzo e pola tarde, ás 20:00 horas partirá dende os locais da CIG.

No conxunto da comarca de Vigo 80.000 persoas atópanse desempregadas, 35.000 na cidade de Vigo, que supón un incremento do paro superior ao do resto do Estado español. A Confederación realizou un chamamento xeral á cidadanía, organizacións políticas e veciñais para involucrarse na convocatoria baixo o lema Defendamos o emprego na Galiza. Defendamos o emprego na comarca de Vigo.

A entidade desexa instaurar o 10 de Marzo como a data para reclamar o emprego en Galicia e incidiu na importancia histórica da celebración na loita polos dereitos laborais e sociais, especialmente en época de crisis, buscando alternativas frente o desmantelamento industrial da comarca e o grave desemprego actual.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM