Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A atleta tudense Uxía Pérez, campiona de España xuvenil en pista cuberta

Posted by on Mar 10th, 2014 y archivado abajo Deportes. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A atleta tudense Uxía Pérez Bugarín proclamouse esta fin de semana Campiona de España Xuvenil en Pista Cuberta en 3.000 metros no XXXVII Campionato de España disputado en Valencia. Uxía Pérez do Atletismo Tui Thermalia levouse a medalla de ouro, acompañada no podio por Lucía Rodríguez  Ardillas-Escorial que foi medalla de prata, e Alicia Portilla do Cayon-Helios DICA que se levou a medalla de bronce. Uxía Pérez suma esta medalla de ouro á medalla de bronce lograda o pasado mes de febreiro no Campionato de España de Campo a Través.

Por outra parte o padeeiro do Club Penedo de Caldelas, Luís Fernández, venceu no I Slalóm Olímpico da Liga Nacional 2014 celebrado no río Bidasoa en Irún. Esta medalla de ouro súmase á recente a clasificación de Luís Fernández para o Mundial que se vai celebrar en Australia o próximo mes de abril.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto - Deportes

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM