vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Remata en Vigo o Entroido máis longo do século

Posted by on Mar 9th, 2014 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Un dos disfraces que sairon este domingo nas comparsas en Vigo/Tresyuno Comunicación

Romanos en cuadrigas, a pé e protexendo a César, trogloditas, homes e mulleres saidos da corte de Luis XIV de Francia, as superviventes das Supremes, os mariñeiros- e mariñeiras– que foron a América na Pinta, replicantes de Dominguín, Lagartijo e Manolete, gladiadores, os escapados da corte de Calígula, Bárcenas, un xuiz do Supremo, un avogado defensor da fiscalía e mesmo un mamut que sobreviviu ás glaciacións coláronse este domingo entre as comparsas de Entroido que sairon á rúa en Vigo.

Uns amigos de María Antonieta/Tresyuno Comunicación

Todos eles agardaban que deixase de caer o diluvio universal- logo de sair dos leóns, os gladiadores, dos cometas, o mar, o cabalo do emperador, a ‘Islero’ ou ‘Pendenciero’ e mesmos os diplodocus- para deixarse ver este ano, pasados o aplazamentos e mesmo os funerais do Meco.

Un mamut/Tresyuno Comunicación

E non defraudaron, ao contrario, contaxiaron a centos de personas que andiveron polo centro facendo de piratas, candangas, carrapuchiñas, lobos moi pouco feros, avoiñas que dan medo, pantasmas, abellas, ouvellas, cazadores, ou peixes, con e sen escamas.

As xenuinas Supremes/Tresyuno Comunicación

Todos eles despediron- iso sí por todo o alto- o Entroido 2014, o máis longo do que vai de século, que por pouco chega ata a Reconquista, na que a cidade pasará a mans dos franceses- por pouco tempo- e aos incondicionais de Cachamuiña e Vázquez Varela.

Vaia Pinta/Tresyuno Comunicación

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM