Vigo al minuto

O Día Internacional da Muller, desde este venres, en Vigo

A alcaldesa en funicións e concelleira de Igualdade, xunto con representantes do Consello municipal da Muller, chamaron á participación de toda a cidadanía nos actos programados para celebrar o Día Internacional das Mulleres, neste 2014 baixo o lema “Pola Defensa dos Dereitos Sexuais, Reprodutivos e Aborto”.

Este venres, 7 de marzo, terá lugar ás 10 horas o tradicional pleno específico do Consello municipal da Muller no salón plenario do Concello, aberto ao público ata completar aforo.

O sábado, 8 de marzo, será a xornada central coa celebración da ‘Festa pola Igualdade’ na Praza da Constitución, presentada e dinamizada por Ana Carreira. De 5 a 7 e media da tarde haberá un espazo lúdico de Igualdade con xogos para nenos e nenas, ás 9 da noite, a música tradicional do grupo Tanxedoras e ás 10 do manifesto do Consello Municipal da Muller, tras o cal se iniciará o concerto de blues e canción de autora a cargo de Sés.

O próximo venres, 14 de marzo, ás 10 da noite, será o turno da entrega do II Premio de Igualdade “Ernestina Otero”, desta volta para a xinecóloga Isabel Blanco Domínguez. O nomeado galardón, que premia a traxectoria dunha muller ou colectivo en defensa da igualdade, entregarase no Hotel Coia.

Ademais, e coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Vigo Vello, desde o 28 de febreiro ata o 9 de marzo poderanse degustar nos establecementos do casco histórico as “tapas pola igualdade”, a 2 €.

 

También te puede interesar