vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Antisdisturbios diante da sede da Xunta en Vigo para conter as protestas dos pescadores do cerco

Posted by on Mar 6th, 2014 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Policías diante da sede da Xunta en Vigo

A protesta de centos de mariñeiros do cerco convocada en Vigo fixo que se desplegasen diante da Delegación da Xunta numerosos efectivos antidisturbios da Policía Nacional, ademáis de axentes da Policía Autoníomica – unha ducia en total- que están vixiando a entrada ao edificio.

Dende primeira hora da mañá, máis de 200 pescadores, moitos deles chegados de distintos puntos de Galicia, mobilizáronse cortando o acceso ao porto pesqueiro, queimando contenedores e cortando o tráfico na rontonda de Beiramar– o que causou un atasco durante máis dunha hora e deixou a decenas de coches bloqueados no túnel-.

Na protesta diante da Xunta, houbo lanzamento de pedras ao edificio e avisos por parte da Policía de que se retirasen, ademáis da identificación de varios dos mariñeiros e, segundo varias testemuñas, a detención de tres deles – extremo que ainda non foi confirmado polas forzas de seguridade.

Os pescadores protestan, de novo, contra o reparto das cuotas de xurelo e xarda e denuncian que os responsables públicos “venderon” ao sector que, ademáis de no caso de Galicia, con 154 barcos pasará de 6.000 kilos diarios de xurelo a 2.000 en todo o ano mentres que os vascos, cunha flota de 44 barcos “lévanse o 70% da cuota de xarda e o 60% de xurelo” o cal, salientan, supón que “teñamos que pagar, enriba, a sobrepesca dos demáis”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM