Comarcas

Mulleres de Redondela dan de alta o seus corpo no Rexistro en protesta pola reforma da Lei do Aborto

O mesmo que conteceu en Vigo o pasado día 27, e atendendo a unha convocatoria feita polas redes sociais durante semanas, un un numeroso grupo de mulleres de Redondela rexistraron o seu corpo no rexistro de propiedade da vila, seguindo a campaña que se está a desenvolver nas diferentes localidades do país.

A través desta acción simbólica, as mulleres manifestan a súa repulsa pola reforma da actual lei do aborto e, como no caso doutras cidades, salientan que “xa que ás mulleres trátanos coma obxectos, non coma personas e, de paso, pretenden decidir por nós, decidimos rexistrar o noso corpo como iso polo que o teñen: como un obxecto”.

Deste xeito, subliñan, ademáis “deixamos craro que nin o Goberno, este ou o que sexa, nin Rouco e a súa igrexa, ou Gallardón, nin ninguén ten dereito a decidir sobre a nosa vida, o noso corpo ou o que facemos con él, con quen quiramos, cando queiramos e como queiramos”.

 

También te puede interesar