vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O número de anotados no Inem baixa nas catro provincias e os contratos temporais superan o 90%

Posted by on Mar 4th, 2014 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Segundo os datos difundidos este martes polo Ministerio de Emprego, o número de personas anotadas nas oficinas de emprego baixou nas catro provincias, especialmente en A Coruña, con 406 desempregados menos e Lugo, con unha baixa de 225; en Pontevedra sairon do Inem 221 personas e en Ourense, 154.

No que se refire á actividade económica, o maior número de parados correspóndese co sector servizos, que acumula 168.447, malia reducirse esta cifra en 870 en febreiro; 41.445 dos parados son traballadores da construción e 38.781 da industria ( -233). Na agricultura, o dato de 9.729 desempregados supón un retroceso en 88 persoas.

Mentres, o colectivo de persoas sen emprego anterior, como a construción, tamén experimenta un aumento, neste caso en 116 persoas, ata 21.669. Por sexos, 7.116 son homes e 14.553, mulleres. Por tramos de idade, 4.557 teñen entre 30 e 44 anos e 8.316, máis de 44.

En febreiro diminuíron os contratos asinados en Galicia, un total de 45.525, un 19,06% respecto a xaneiro, con 10.720 menos. Non obstante, subiron en comparación co mesmo período de 2013, ao sumar 4.723 máis.

Por provincias, a maior baixada de febreiro deuse en A Coruña, con 5.708 contratos menos, seguida de Pontevedra con 3.618 menos, e as caídas de Lugo e Ourense, con 804 e 590 contratos menos respectivamente.

Baseándose no tipo de contratación, os indefinidos seguen sendo minoría -4.408-, tras caer en 400 en relación con xaneiro fronte aos temporais -41.117-, que significaron unha baixada de 10.220 dende xaneiro. Desta forma, no acumulado, os contratos indefinidos representan un 9,15% do total-9.316- e os temporais, un 90,85% -en total 92.454-, ata sumar 101.770.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM