vigoalminuto.com - Tu peridico digital

1.006 galegos menos anotados nas oficinas de emprego o mes pasado

Posted by on Mar 4th, 2014 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego de Galicia descendeu en febreiro en 1.006 persoas respecto ao mes anterior (-0,36%), ata situarse o total de desempregados, rexistrados, en 280.071, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

En canto á variación interanual, febreiro de 2014 en relación co mesmo mes de 2013, a baixada do paro foi de 12.752 persoas en Galicia, un -4,35% menos.

No conxunto estatal, o paro baixou en febreiro en 1.949 persoas respecto ao mes anterior (-0,04%), o seu primeiro descenso neste mes dende 2007, ata situarse o total de parados en 4.812.486.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM