Galicia

77 feridos e un morto nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 77 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres, día 28 de febreiro, ate as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 53 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 77 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 64 e do 36 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 46 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 21 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 74. Así, a ambulancia medicalizada asistiu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete ocasións. As ambulancias convencionais se mobilizaron en sete sinistros.

En 59 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, en oito ocasións foron trasladados ao centro de atención primaria, en nove casos foron atendidos no propio lugar do incidente, sen necesitar traslado, e unha persoa faleceu no lugar do accidente.

 

También te puede interesar