Galicia

Emerxencias alerta dun temporal costeiro de nivel vermello no litoral galego

O punto álxido desta situación de ventos intensos e forte oleaxe darase na tarde á noite de mañán, momento que coincidirá coa marea alta. O vento soprará con forza 8 ou 9, e as ondas superarán os 10 metros de altura.

No noroeste coruñés existirá outra alerta laranxa por vento en terra. A xunta recorda a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a súa web www.112galicia.org.

Durante a tarde do domingo os ceos quedarán parcialmente cubertos con chuvascos febles que continuarán durante a noite. Os ventos soprarán de compoñente oeste sendo moderados en xeral e fortes no litoral. En relación as temperaturas máximas non experimentarán cambios significativos.

Según Meteogalicia, en A Coruña, Pontevedra e Vigo rexístranse 13º como máximo, un grado menos en Lugo, e as temperaturas máis elevadas céntranse en Ourense con 14º.

 

También te puede interesar