Comeza a maxia do entroido entre charangas, murgas e merdeiros

Arranca a xornada carnavelesca, vigueses que se convertirán en personaxes ficticios, históricos ou irreais e desfilarán polas rúas portando ledicia non seus andares. A esperada actuación das murgas máis charangas polo centro da cidade víronse obrigadas a suspenderse polas condicións atmosféricas adversas. Polo barrio histórico os tradicionais merdeiros, se o tempo otorga unha tregua, deambularán polas rúas a partir das 19:00 horas.

Media hora máis tarde, a Escola Municipal de Teatro realizará o seu espectáculo Manipulación para o entretemento do público de tódalas idades na Praza da Cosntitución. As actuacións ao aire libre prosiguen na Porta do Sol coa Entronización do Meco ás 20:00 horas. O pregón do comezo das festas burlescas será a cargo de Vigópolis ás 20:30 horas.

Para a xornada lúdica de mañán recibimos un ano máis o tradicional concurso de comparsas e carrozas. A viveza do vestuario, as caracterizacións resultonas e as coreografías estrelas marcarán o seu arranque ás 18:00 horas dende a rotonda de Isaac Peral, finalizando a marcha rítmica na Porta do Sol.

A programación nocturna contará coas lexendarias verbenas. O sábado 1 de marzo, a noite será amenizada polas orquestras ClaxxonPrincipal ás 22:30 horas, e o martes 4 coa orquestra Gran Parada ás 22:15 horas, ambas actuacións efectuaranse na Porta do Sol.

Os máis pequenos convértense en grandes protagonistas, o domingo 2 e o luns 3, co esperado Entroido Infantil na praza do Rei dende as 17:00 horas ás 20:00. Haberá ademáis concursos de disfraces para categoría infantil (o día 2) e para categoría xeral (a xornada do 3).

O marcha do entroido conclúe o mércores 5 acompañado da comitiva fúnebre. Ás 18:30 horas parte da praza da Constitución para recorrer as rúas de Príncipe, Colón, Policarpo Sanz chegando á meta na Porta do Sol. A queima do Meco será o día anterior e o seu enterro ás 19:30 horas na praza da Constitución, xunto a entrega de premios para comparsas e carrozas.

 

También te puede interesar