Vigo al minuto

A sala de control de tráfico de Vigo vixía cada día que a circulación de 200.000 vehículos sexa segura

A coordinadora da Sala de Tráfico do Concello, explicando o seu funcionamento,este xoves/Tresyuno Comunicación

Unha das conclusións que se extraen da análise do control do tráfico na cidade é un aumento da velocidade promedia do tráfico en Vigo un 25% o que supón que o tempo de traxecto rebaixouse nunha cuarta parte. Así o explicou a coordinadora da sala de Tráfico do Concello, Adriana Sayáns, este xoves, durante unha visita á sala de control de tráfico do Concello que cumpre 25 anos.

Está é unha das moitas conclusións dun estudo moi detallado exposto no que salientou a o avance que se experimentou en materia de tráfico na cidade coa incorporación das novas tecnoloxías que serviu para mellorar a circulación nunha cidade a que chegan diariamente entre 100.000 e 150.000 vehículos de fora, que se suman aos que xa ten Vigo, “667 vehículos por cada 1.000 habitantes”.

Estas melloras no tráfico van da man dun aumento na seguridade, xa que cada vez que desde as pantallas se detecta un risco ou incidencia actúase con semáforos e mobilizando á Policía Local. Pola súa banda, o alcalde lobou os avances logrados nesta materia que, subliñou, nos sitúan “na fronteira do coñecemento”, e que, insistiu, débense á laboura de todos os concelleiros e todos os alcaldes que ao longo dos anos traballaron na mellora do tráfico de Vigo.

 

También te puede interesar