vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Afectados polas Preferentes do Baixo Miño teñen que facer fronte a máis de 16.000 € en multas por “pedir o que é noso”

Posted by on Ene 26th, 2014 y archivado abajo Comarcas, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Os Afectados polas Preferentes do Baixo Miño estarán no Pleno do Concello de Tui, o xoves que ven, para esixir explicacións ao alcalde, Moisés Rodríguez, ante as multas a varios dos integrantes da plataforma por manifestarse “pedindo que lles devolvan os seus cartos”.

Segundo o voceiro dos afectados, o montante total das sancións supera os 16.000 € e, lembrou, “Rodríguez comprometeuse a facerlle fronte ás mesmas”.

Onte os afectados estiveron no Pleno do Concello de O Rosal polo mesmo motivo e, pola tarde, celebraron unha asamblea na que adiantaron que agardan que milleiros de personas se sumen á manifestación convocada en Vigo o vindeiro sábado, 1 de febreiro.

Xulio Vicente agarda a solución do presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet ainda que, avisou que si non é así, volverán ás mobilizacións, “e con máis forza” porque, subliñou, “non imos permitir que nos engañen de novo”, ao tempo que lembrou que non teñen resposta de Escotet á súa petición de mantes unha entrevista, algo que calificou de “moi pouco esperanzador”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator