Galicia perdeu 43 habitantes ao día no pasado ano

Galicia perdeu 15.558 habitantes nun ano –de 2.781.498 a 2.765.940–, o que supón unha variación relativa entre xaneiro de 2012 e o mesmo mes de 2013 do -0,56% e sitúa a comunidade entre as que experimentan unha maior caída poboacional, que encabezan Castela-León e Castela-A Mancha xunto con Asturias e Baleares.

Así constátao o Instituto Nacional de Estadística (INE), que publicou este luns a consolidación dos datos do Padrón Municipal, que botan unha redución do 0,3% na poboación española a 1 de xaneiro de 2013, a primeira dende 1998, cando se comezaron a elaborar estas estatísticas.

En total, o Estado contaba a esa data con 47.265.321 empadroados, dos que 23.196.386 son homes e 23.933.397 son mulleres, é dicir, 135.538 habitantes rexistrados menos que o 1 de xaneiro do ano anterior.

 

También te puede interesar