Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Afectados polas Preferentes obligan a suspender, de novo, o Pleno de As Neves

Posted by on Sep 30th, 2013 y archivado abajo Comarcas. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Imaxe do pleno de hai dúas semanas en As Neves/Tresyuno Comunicación

Como hai dúas semanas, Afectados polas Preferentes obrigaron a suspender este luns o pleno do Concello de As Neves, previsto para as 10 da mañá, logo de que, segundo varios dos aforradores, “o alcalde negárase a escoitar as nosas demandas”.

Xusto cando iba a empezar a reunión da Corporación, os afectados pediron un turno de palabra para instar a Raúl Emilio Castro a que manifestase o seu compromiso de apoiar e estar presente na concentración convocada polos aforradores, diante da sede central de Novagalicia Banco o víndeiro xoves, día 3.

O alcalde negouse a comprometer o seu apoio alegando que está pendente dunha xuntanza de varios responsables do seu partido para tratar este tema e que, na mesma, haberá unha postura conxunta ante a proposta dos afectados. Sen embargo, esta resposta non agradou aos aforradores que seguiron manifestando as súas queixas ante o cal o alcalde optou por suspender o Pleno.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator