Cultura

@s traductor@s galeg@s celebran este luns o Día Internacional da Tradución reivindicando a súa profesión

Este luns,día 30, celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data que os tradutores galegos pretenden aproveitar para reivindicar unha “maior visibilidade” do seu papel no día a día para aproximar culturas, profesións e “achegar calidade a unha profesión que vai máis alá de ser bilingüe”.

Esta xornada nace da iniciativa da Fédération Internationale deas Traducteurs (FIT), que decidiron aproveitar a data en que se recorda o falecemento de San Jerónimo de Estridón, tradutor da Biblia ao latín, como o Día Internacional do Tradutor. Unha forma de render homenaxe a unha disciplina e a uns profesionais que axudan a superar as barreiras lingüísticas e achegar as diferentes culturas.

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (Agpti) é unha das entidades que representan a este colectivo e, en particular, para buscar que a sociedade galega sexa “consciente da profesionalidade que require este oficio, con técnicas determinadas e que non é simplemente ser bilingüe”.

Dende o ano 2001, a asociación foi sumando socios ata alcanzar os 118 actuais e preséntase como unha “plataforma de apoio para todos os profesionais da tradución e da interpretación para mellorar as condicións laborais, cun claro compromiso coa lingua galega”, este traballo fixo que, na actualidade, sexa xa un referente ” tanto para profesionais como para licenciados ou estudantes”.

 

También te puede interesar