Detidas, en todo o Estado, 173 personas relacionadas con 1.770 incendios forestais | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Detidas, en todo o Estado, 173 personas relacionadas con 1.770 incendios forestais

Posted by on Ago 31st, 2013 y archivado abajo Destacados. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Garda Civil detivo ou imputou 173 persoas relacionadas con 1.770 incendios entre xaneiro e agosto, e esclareceu as causas de 675 dos sinistros, segundo informou este sábado o Instituto Armado nun comunicado. Por comunidades, o maior número de intervencións tiveron lugar en Galicia, Andalucía, Comunidade Valenciana e Castela- León.

Nesas mesmas comunidades autónomas, xunto coas de Castela- A  Mancha, Extremadura e Islas Baleares, producíronse a maior parte das imputacións e detencións de persoas como consecuencia das investigacións desenvolvidas.

O Balance Incendios Forestais dos primeiros oito meses do ano bota un total de 33 detidos e 140 imputados pola súa relación con este tipo de sucesos. Deles, 104 están vinculados con incendios de tipo neglixente (54% do total) e outros 32, con incendios intencionados (o 26%). Non obstante, o número de detidos e imputados entre xaneiro e agosto é un 54% inferior ao do mesmo período do ano pasado.

Con respecto ao número de incendios nos que actuou a Garda Civil, maioritariamente a través do Seprona, suman 1.770 casos, o 30% dos cales (200) foi accidental, o 28% (192) por neglixencia, o 18% (124) con orixe intencionada e o 24% restante (159), por causas naturais. En total, o número de sinistros nos primeiros oito meses do ano diminuíu un 25% con respecto ao pasado exercicio.

En total, xa se esclareceron as causas de 675 incendios, mentres moitas outras investigacións seguen aínda en curso. Non obstante, a Garda Civil sinala que, debido á complexidade da investigación deste tipo de feitos, é previsible que os incendios esclarecidos, así como as cifras de detidos e imputados, neste período se vexan incrementadas unha vez que finalicen as investigacións aínda en curso e se faga o balance definitivo”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM