Esquerda Unida anuncia que preguntará no Congreso pola “Sicav do dono de Povisa” | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Esquerda Unida anuncia que preguntará no Congreso pola “Sicav do dono de Povisa”

Posted by on Ago 14th, 2013 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Esquerda Unida asegura nunha nota de prensa que é “absolutamente impresentable que a dirección de Povisa, por enésima vez, empregue as condicións laborais como arma arroxadiza contra a administración pública para xustificar incrementos no concerto co Sergas”.

EU lembra que a Sicav Títulos Galicia, con filiales en Illas Caimán e Madeira “ten sido un fondo de enriquecemento da familia Silveira” tributando ao 1% e que “gran parte dese beneficio saíu do traballo da plantilla cuxas condicións laborais pretende agora rebaixar” e asegura que nesta Sicav ten invertidos máis de 2,6 millóns de euros.

O coordenador local de EU pregúntase qué traspaso de recursos está acontecendo entre Remolcanosa, “as aventuras inmobiliarias da familia”, ou mesmo o feito de que o 18% da navieira Elcano esté participada por NGBanco que pretende desfacerse de algunhas participacións empresariais.

Rubén Pérez lembra que este 2013 os directivos de Povisa subironse un 200% os seus salarios e que a empresa declarou beneficios polo que “Traballo non ten argumentos para aprobar a proposta de descolgue de convenio plantexada pola dirección da empresa”

Por último, Esquerda Unida apoia de xeito decidido a folga dos traballadores e traballadoras do día 19 e pide a solidariedade de pacientes, usuarios dos servicios sanitarios e de tódala cidadanía da área sanitaria que atende o hospital privado.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM