vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Ante a vaga de calor, Sanidade lembra a importancia de beber máis auga, evitar o sol ao mediodía e non facer comidas copiosas

Posted by on Jun 30th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Consellería de Sanidade  lembra á cidadanía a importancia da precaución en períodos de altas temperaturas e fai unha serie de recomendacións que poden ser moi útiles para afrontalas.

Neste senso, Sanidade ten operativo o Plan de Calor 2013, capaz de facer fronte e tratar de paliar os posibles efectos que as altas temperaturas podan ter sobre a saúde da poboación galega. Este documento de actuacións establece as medidas necesarias para reducir os efectos na saúde asociados ás vagas de calor, os sistemas de previsión, alerta e comunicación a utilizar. Ademais  define unha sistemática de intervención, segundo os niveis de alerta establecidos.

Doutra banda, determina as canles de coordinación interinstitucional entre as unidades competentes nesta materia e que participan no Comité do Plan de Calor que son -ademais da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde-, os departamentos de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; e Traballo e Benestar.

Sistemas de comunicación

Os sistemas de comunicación da información establecidos no Plan céntrase na poboación xeral, con especial énfase nos cidadáns máis sensibles ás altas temperaturas, e os seus familiares, e está baseado nos medios de comunicación, ademais doutras canles, como pode ser Internet.

Ademais, establece os sistemas de comunicación da información para os profesionais do sector social e voluntariado dedicados ao coidado das persoas maiores; así como aos traballadores e dispositivos sanitarios.

Recomendacións xerais

Para protexerse da calor, Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual, sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té, e as moi azucradas. Así mesmo, comeranse verduras e froitas en abundancia, e evitaranse as comidas copiosas. Respecto da vestimenta, convén usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares. O calzado deberá ser cómodo, fresco e que transpire.

No interior dos edificios aconséllase permanecer, a ser posible, en espazos ventilados ou acondicionados, e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Durante o día, baixaranse as persianas e pecharanse as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar. Así mesmo, poderán utilizarse ventiladores ou aparellos de aire acondicionado. Nos momentos de calor máis intensa refrescarase o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna. Ademais, procurarase eludir as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.

No exterior dos edificios evitaranse, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, reducirase a actividade física, procurarase buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a anciáns.

Cando se vaia desfrutar da praia convén evitar as horas do mediodía e as primeiras da tarde. Asemade, Sanidade sinala que nunca se debe quedar durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as que teñan un índice non inferior a quince.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM