Comarcas

A Escola de Música de As Neves pechou o curso cun impresionante concerto

Un intre da actuación no Auditorio Vázquez Portomeñe/Tresyuno Comunicación

Nunha actuación memorable, os alumnos da Escola Municipal de Música de As Neves, considerada unha das mellores de Galicia, rematou este sábado o curso 2012-2013. No Auditorio Vázquez Portomeñe, virtuosos de entre 8 e 70 anos amosaron o porqué o concello aprobou a creación da Nova Orquesta Xove de As Neves e, tamén, porque a Escola de Música nevense está á vangarda no ensino musical, coma poido apreciar o público, entre o que estaban familiares, pais e nais de alumnos, amigos e amantes da música en xeral.

Os rapaces interpretan a banda sonora de 'Sorrisos e bagoas'/Tresyuno Comunicación

Pezas clásica a guitarra, saxo, clarinete, gaita e percusión, na que non faltaron os virtuosos da batería, tocaron dende ‘Yesterday’ de sir Paul McCartney, pasando polas bandas sonoras de ‘Sorrisos e bágoas’, ‘Piratas do Caribe’ ou ‘Moon River’.

Entre os artistas salientar a tres dos que finalizan o seu paso pola Escola e que foron admitidos xa no conservatorio logo de pasar o exame de aceso no que a Escola Municipal de Música de As Neves pode presumir de ten un cen por cen de aprobados. Tamén os que, o ano que ven, pasarán a integrar a Banda de Música de Rubiós – que este mismo mes cumpriu 26 anos de vida – que ten unha longuísima historia de actuacións por toda a xeografía galega, Portugal, con concertos dende Castrelo a Lisboa, ou a Televisión de Galicia.

A tenente de alcalde, Maria do Carmen Gil, entrega os diplomas aos rapaces que rematan o seu paso pola Escola/Tresyuno Comunicación

No mesmo acto, a tenente de alcalde, Maria do Carmen Gil, fixo entrega dos diplomas aos alumnos que rematan as súas especialidades e informouse da apertura da matrícula para o curso que ven, que se abre este luns, día 1 de xullo, Aqueles que se matriculen por primeira vez, terán que presentar o DNI, 3 fotografías tamaño carné, o Libro de Familia e un número de conta para a domiciliación bancaria. Os que xa estiveron matriculados, aportarán as pepeletas coas notas do curso anterior e o número de conta bancaria. Alumnos matriculados no curso anterior: papeleta de notas curso anterior, conta domiciliación bancaria e 2 fotografias tamaño carnet.

A Escola de Música de As Neves ten un 100% de aprobados nas probas de aceso ao Conservatorio/Tresyuno Comunicación

As tarifas son:

Música e movemento ( de 4 a 7 anos), cursos 1º e 2º: matrícula, 50 €, cuota mensual, 18 €. De 6 e 7 anos: Linguaxe 2 h. semanais ( Instrumento 30 minutos  semanais clase individual o 2 alumnos en grupos de 1 hora): Matrícula, 50,00 € , cuota mensual, 20,00 €. Ensino Instrumental ( de 8 a 18 anos ). A) Nivel I (1º e 2º curso): matrícula, 60 € e cuota mensual, 20 €. B) Nivel II (3º e 4º curso), matrícula, 60 €, cuota mensual, 20 €. C) Nivel III (5º curso), matrícula, 65 €, cuota mensual, 22 €. D) Por libre, incluíndo a preparación de acceso a grado medio, cursos 1º e 2º, matrícula, 65 €, cuota mensual, 25 €.

Adultos (maiores de 18 anos), Opción A.- linguaxe 2 horas semanas, instrumento 30 minutos semanais o 2 alumnos en grupos dunha hora, matrículoa, 90 €, cuota mensual, 25 €. Opción B.- linguaxe 2 horas semanas, instrumento 1 hora semanal individual, matrícula, 90 €, cuota mensual, 40 €. Opción C.- clases colectivas en grupos dunha hora, matrícula, 60 €, cuota mensual por cada instrumento, 20 €. Libre, instrumento 1 hora semanal individual, matrícula, 60 €, cuota mensual por instrumento, 30 €.

 

También te puede interesar