O novo C4 Picasso, fabricado exclusivamente en Vigo, empezará a venderse en xuño | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O novo C4 Picasso, fabricado exclusivamente en Vigo, empezará a venderse en xuño

Posted by on May 31st, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Citroën iniciará en xuño a venda no mercado español da nova xeración do seu monovolume C4 Picasso, que se fabrica en exclusiva na factoría do grupo PSA Peugeot-Citroën en Vigo.

O novo monovolume de Citroën ten un deseño exterior totalmente renovado, con novidades como a incorporación duns faros traseiros con tecnoloxía LED 3 D. Citroën indicou que, grazas á utilización da plataforma EMP2 e de materiais lixeiros puídose reducir o peso total do vehículo en ata 140 quilogramos.

A parte interior do novo C4 Picasso deseñouse co fin de que se pareza o máis posible a un ‘loft’, polo que conta con “grandes superficies acristaladas e con liñas limpas”. Este modelo mellorou en termos de habitabilidade e confort, xa que a compañía creou o pack Lounge, que conta cun sistema que fai que o ocupante do asento do condutor poida estirar as pernas, ademais de gozar dunha masaxe.

Así mesmo, incorporáronse dúas pantallas no cadro de instrumentos, unha de 12 polgadas panorámica con calidade HD e outra táctil de 7 polgadas, a través da que se manexa todo o novo sistema de información e entretemento co que conta o coche, así como o navegador ou o sistema eTouch ou as aplicacións do Citroën Multicity.

Este monovolume, cun maleteiro con capacidade de 537 litros, dispón dunha gama de motores que está formada por dúas variantes de gasolina e de tres opcións en diésel. As mecánicas de gasolina son a VTi de 1.6 litros e 120 cabalos e a opción THP de 155 cabalos de potencia máxima.

A oferta diésel parte da variante HDi de 90 cabalos, á que segue o HDi de 115 cabalos e complétase co HDi de 150 cabalos. A compañía introduciu as versións e-HDi en combinación cos motores de 90 e 115 cabalos e unha caixa de cambios manual pilotada de seis velocidades, que axuda a reducir as emisións e os consumos.

O novo C4 Picasso pode incorporar diferentes elementos de axuda á condución como o control de cruceiro adaptativo, así como a alerta de cambio involuntario de carril, as luces de estrada automáticas ou o aviso de ángulo morto, entre outros elementos. Como equipamento tamén pode dispoñer de asistente activo de aparcamento, asentos dianteiros eléctricos con masaxe, visión 360 graos ou cintos activos.

Este vehículo comercialízase no mercado nacional cun prezo base que se sitúa en 18.500 € para a versión de gasolina de menor potencia e o tope de gama alcanza os 28.000 €. Ademáis, todas as versións do C4 Picasso se poden acoller ao Plan PIVE do Goberno, en cuxo caso habería que descontar 1.000 € adicionais ao prezo.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM