As obras de derrubamento do retaurante ‘El Castillo’, empezarán a finais deste ano | Vigo al minuto

Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As obras de derrubamento do retaurante ‘El Castillo’, empezarán a finais deste ano

Posted by on May 31st, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

As obras de derrubamento do restaurante ‘El Castillo’, no monte de O Castro, realizaranse a final de ano e permitirán liberar a muralla, recuperando así esta “peza do patrimonio histórico da cidade”.

O alcalde informou este venres de que os traballos terán un custo de 240.000 € e que, en 2014, a zona contará, ademáis de coa parte da muralla completamente despexada, cun xardín “para uso de todos os veciños”.

Ademáis, Caballero sinalou que a Xunta Local de Goberno aprobou a licitación das obras do chalé de Mirambell que albergará o centro de interpretación do conxunto romano de Toralla. Segundo explicou, estase á espera de que a Xunta conteste sobre os novos vestixios atopados e pediuse unha prórroga do presuposto para poder facer as escavacións necesarias.

O alcalde tamén indicou que a empresa de autobuses Álvarez Vázquez ten un prazo de dous meses para demoler as instalacións que posúe na zona de Bembrive, ao non contar con licenza. Segundo explicou, os autobuses xa non están sendo almacenados no recinto dende que en decembro se produciu o derrubamento dun muro que chegaron a danar a casa dun veciño.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM