vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A TVG non retransmitiu a comparecencia de Feijóo sobre Dorado porque “non encaixaba” na programación

Posted by on May 30th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O director xeral da compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) xustificou que a retransmisión da rolda de prensa do presidente da Xunta e do PPdeG, así como da comparecencia en directo no pleno do Parlamento sobre o mesmo tema, non tiña “encaixe” na programación dunha “televisión xeneralista” como éo o medio público galego.

Durante as explicacións dadas na comisión de control da compañía, a preguntas dos deputados Juan Manuel Fajardo (AGE) e María Quintas (PSdeG), Alfonso Sánchez Izquierdo, explicou que a política de actuación da compañía non inclúe ofrecer roldas de prensa en directo de partidos políticos como si fan outras canles privadas, aínda que si faise con comparecencias ou alocucións de “transcendencia institucional”, como poden ser algunhas ofrecidas dende a residencia oficial do presidente da Xunta ou San Caetano.

Malia non as retransmitir en directo nin pola TVG nin pola Radio Galega, Sánchez Izquierdo defendeu que se deu unha “abundante cobertura nos informativos de mediodía e da tarde”. Ademais esta cuestión estivo presente nos faladoiros xornalísticos do Bos Días e da Radio Galega, cun tratamento “bastante puntual e preciso”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM