Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

¡Mira que eres teatreir@!

Posted by on May 29th, 2013 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

[email protected] do Chouzo, este mércores, representando 'O sorriso roubado'/Tresyuno Comunicación

Dende o pasado día 21 e ata este mércores, 29, o Auditorio Municipal do Concello , acolleu, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participaron máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de [email protected] da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

Cada un dos centros de ensino participantes ofreceu unha representación teatral, e compartiron co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.

A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares.

Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado.

Un momento da representación/Tresyuno Comunicación

E o obxectivo cumpriuse ampliamente, á vista das representacións destos días, que foron tanto un éxito de público, coma de participación, implicación e entrega, como puxeron de manifestó este mércores @s [email protected] do Colexio Chouzo, en sendas representacións, ‘O soriso roubado’ e ‘Tacto’ cheas de imaxinación, nas que a música, o baile e a representación xuntáronse para ofrecer unhas entretidas obras teatrais.

Coma indicaron os representantes da Escola Municipal de Teatro, acadouse, ademáis a finalidade principal destas xornadas, que non era outra que aumentar o interese [email protected] máis [email protected] nunha actividade cultural que, se cadra, este ano no que o Día das Letras Galegas lembra a vida e obra do xenial Roberto Vidal Bolaño, empeza a atraer máis público ás representacións.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM