Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

As Marismas Coruñesas e Terras do Mandeo, reserva mundial da biosfera

Posted by on May 28th, 2013 y archivado abajo Ciencia y Tecnología. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Ponte Mandeo/ Fotografía: http://ecoartabria.com/

A Unesco ven de declarar a zona de As Mariñas e Terras do Mandeo reserva mundial da biosfera, segundo informan os promotores desta candidatura, o Grupo de Desenvolvemento Rural ‘As Mariñas-Betanzos’.

A noticia deuse a coñecer na sede da Unesco no marco do Consello Internacional de Coordinación do programa MAB (Man and the Biosphere). Por unanimidade, o consello avalou a candidatura das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

A Unesco destacou, para o seu ditame favorable, “o grande consenso social que alcanzou a candidatura resaltando o papel activo dos 18 concellos, a estruturación dos órganos de xestión que se crearán, e a programación xeral e económica xa prevista ata o ano 2022”.

Ata París, desprazouse unha delegación, encabezada polo presidente deste Grupo de Desenvolvemento Rural e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, acompañado do vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo

Con esta distinción, Mariñas-Betanzos xa está incluída dende este martes, día 28, na rede mundial de reservas de biosfera, aínda que o título o recibirá nun acto que previsto para setembro ou outubro. A cualificación de reserva permitirá ao territorio, formado polos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo,Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Curtis e Sobrado, optar a novas vías de financiamento específicas, así como potenciar o turismo e unha marca propia para produtos autóctonos.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM