vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A alfombra vermella de Cans estará ateigada este sábado

Posted by on May 24th, 2013 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Festival de Cans celebrará este sábado o último día da súa décima edición, no que se proxectarán os 21 curtas a concurso e se realizará a entrega de premios. A xornada empezará coa subida ao monte do Castelo, – El Pianista– , as 9 da mañá e concluirá de madrugada con sesións DJ.

Este ano competirán 14 curtas de ficción e outras 7 de animación, os cales serán proxectados nunha sesión matinal e noutra pola tarde. Ás 11 da noite, está prevista a entrega de premios.

Ademais das obras a concurso, poderase ver unha selección de pezas do festival bretón de Douarnenez, o documental ‘Toñito Blanco, só perdido e vicioso’ e estrearanse os catro primeiros capítulos “do quid’, entre outras propostas. Logo, o director Juanma Bajo Ulloa presentará unha selección de traballos audiovisuais, será o protagonista dun coloquio e colocará a súa estrela no ‘Torreiro das Estrelas’.

As 3 e media da tarde, empezará a tradicional procesión de ‘chimpibuses’, que estará amenizada pola charanga de ‘Os Veraneantes’. Este ano, por Cans pasarán artistas como Grampoder, Fon Román, Óscar Avendaño, Lobishome, Tony Lomba & Elio dos Santos, Cristina Pato, Radio Cos, El Gran Wyoming e os Insolventes e Silvia Superstar, versión  DJ.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad

Publicidad de V al minuto

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM