vigoalminuto.com - Tu peridico digital

En marcha ‘Verán Xove’ que este ano non rematará ata primeiros de setembro

Posted by on May 23rd, 2013 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Concello pon en marcha como todos os anos o programa ‘Verán Xove’, que este ano abrangue un número maior de actividades divididas en tres grandes grupos: Campamentos urbanos, Ludotecas e Actividades Xuvenís. Como indicou este xoves o alcalde, durante a súa presentación, ‘Verán Xove’ “vai dirixido á á poboación infantil e xuvenil da cidade” e, por tanto, é un requerimento imprescindible estar empadroado para optar ao mesmo.

Abel Caballero subliñou que este verán nos suben os prezos con respecto a 2012 “o cal representa, realmente un abaratemento”, algo, engadiu, que é posible “porque a aportación do Concello a cada un das przas é a metade do seu  custo, o que representa, en conxunto máis de 60.000 €”.

O obxectivo fundamental de ‘Verán Xove’, que oferta un total de 4.066 prazas, é o “ocio educativo” e, ademáis “potenciar o emprego”, de feito, durante o tempo de duración contrataranse a 60 [email protected], asegurou o alcalde quen indicou que outra das intencións é facilitar, durante os meses de lecer, que as familias poidan conciliar a vida laboral e familiar.

Campamentos Urbanos, Ludotecas e Actividades Xuvenís

Este ano, as actividades divídense en tres grandes grupos: os Campamentos Urbanos, para [email protected] de 4 a 17 anos, que incorporan dous novos espazos, o Pabellón e a Praia da ETEA e a Casa da Xuventude; as Ludotecas, para rapaces e rapazas de hasta 13 anos, e as Actividades Xuvenís, pensadas para veciñ@s de 13 a 35 anos, nas que se inclúe, entre outros, o voluntariado nas Illas Cíes. A eles hai que sumar ‘Divértete no verán’, que se levanrán a cabo no Verbum en xullo e agosto, e que están pensadas para personas con discapcidade.

A maiores, desenvolveranse dúas citas completamente deportivas, o XIV Campus Vide, no Pabellón de As Travesas, os días 25 a 28 de xuño, para rapaces de 8 a 14 anos, nun horario ininterrompido de 9 da mañá a 6 da tarde e a Vigo Cup, do 1 ao 7 de xullo para xoves de 15 a 17 anos.

Algúns dos rapaces e rapazas que estiveron o ano pasado en VigoZoo/Tresyuno Comunicación

Caballero engadiu que as novedades deste verán son os ‘momentos de inmersión lingüística’, cunha hora diaria de inglés en cada unha das actividades e, especialmente no VigoZoo, do 1 ao 14 de xullo; e o incremento dos días de campamento que prolóngase á primeira semana de setembro o que, sumado ao aumento de propostas levaron ao alcalde de asegurar que “son os mellores campamentos, como mínimo, de Europa”.

Unha das novidades deste ano é a inmersión lingüística en inglés/Tresyuno Comunicación

Inscripción

O prazo de prescripción, que se abre o luns día 3 de xuño ás 10 da mañá, e finaliza o xoves día 6 ás 8 da tarde. Se queres facer esta preinscripción podes facelo, esos días, dende vigoalminuto, imprimindo  como resgardo o formulario web ao finalizar a inscrición. Se facilitaches un enderezo electrónico mandaranche unha copia do mesmo.

Lembra que só se poderá cubrir unha solicitude por neno ou nena. No caso de recibirse máis de unha só valerá a última eliminándose as anteriores. Tamén se anularán as solicitudes con datos incorrectos ou incompletos.

De non ter posibilidade de acceder a Internet ou de necesitar axuda para cumprimentar o formulario de solicitude, na Casa da Xuventude, en López Mora, e no Punto Xove, en López de Neira, haberá persoal de apoio, ordenadores e unha impresora a disposición.

O método de asignación será por orde cronolóxica de recepción de solicitudes. Cada neno ou nena será asignado/a na primeira das opcións elixidas con dispoñibilidade de praza.

O listado de preinscritos/as en cada unha das actividades publicarase o día 10 de xuño ás 2 da tarde. en www.xuventudevigo.org. As persoas que aparezan no listado de cada campamento terán que confirmar a súa solicitude dende as 5 da tarde  do día 10 ata o día 13 de xuño ás 20:00h, presencialmente na Casa da Xuventude ou no Punto Xove e telemáticamente a través do formulario que se habilitará na web para tal fin.

 

Be Sociable, Share!

1 Respuesta for “En marcha ‘Verán Xove’ que este ano non rematará ata primeiros de setembro”

  1. Donde hay que inscribirlos? En el ayuntamiento? Gracias por adelantado! Un saludo.

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM