vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Os lucenses os primeiros galegos que poderán contactar en tempo real coa deputación con móbiles e tablets

Posted by on May 22nd, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O presidente da Deputación de Lugo escoita as explicacións do director de novas tecnoloxías do organismo provincial

O presidente da Deputación de Lugo presentou este mércores unha aplicación gratuíta para móbiles e tablets a través da cal a cidadanía poderá notificar incidencias sucedidas en toda a provincia, que serán xestionadas de forma rápida por un equipo de cinco técnicos do ente provincial, que estarán en permanente contacto cos municipios para a súa resolución.

O director de Novas Tecnoloxías da Deputación explicou que os veciños poderán avisar de incidencias como animais abandonados, danos en beirarrúas, rozas, pintadas, iluminación pública, inundacións, mobiliario urbano, olores, ruídos, vertedoiros incontrolados, verteduras fluviais, xardíns e xestión de recursos, entre outros.

Así mesmo, os usuarios poderán utilizar a aplicación móbil para inscribirse nos cursos ofertados pola Deputación, así como dos municipios da provincia que organicen talleres ou xornadas formativas.

As notificacións quedarán rexistradas nas bases de datos das institucións, que serán encargadas de resolver os problemas ou de xestionar as inscricións “á maior brevidade posible”, indicou o presidente do organismo provincial.

José Ramón Gómez Besteiro asegurou que esta institución é “pioneira na utilización de novas tecnoloxías para prestar o mellor servizo público á cidadanía.Somos a primeira Deputación de Galicia que ofrece unha aplicación deste tipo”, sinalou.

O presuposto do proxecto ascende a 64.000 €, financiado nun 80% polo Ministerio de Industria, mentres que a Deputación completa o 20% restante, é dicir, 17.000 €.

Por outra banda, Besteiro anunciou que as case 200 prazas ofrecidas para participar no I Congreso de Cultura Dixital, os días 6 e 7 de xuño, se esgotaron en tan só 6 horas. A raíz disto, a Deputación decidiu acondicionar o Salón de Pleno para que máis xente poida participar no encontro. Deste modo, ábrese un novo prazo de inscrición.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM