vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Mayeusis fai música, teatro e danza para Unicef

Posted by on May 22nd, 2013 y archivado abajo Cultura, Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O conservatorio Mayeusis celebrará este sábado 25 de maio, en Vigo, o seu III Concerto Solidario ‘Pon a túa nota a favor de Unicef’, o importe íntegro do cal de cada unha das entradas se destinará a vacinar 14 nenos contra a polio. O espectáculo, que por vez primeira combinará as artes escénicas e musicais, terá lugar no Centro Cultural Novacaixagalicia ás 7 e media da tarde.

Os organizadores salientan que o obxectivo deste acto é unir a música, a danza e o teatro “cun obxectivo de solidariedade” e de axudar a “descubrir, dende a diversidade, a responsabilidade por compartir o camiño con todos os habitantes do planeta, e en especial os nenos”.

O concerto supón un reto organizativo para Mayeusis, xa que terá que coordinar a máis de 300 participantes entre alumnos e convidados deste conservatorio con idades comprendidas entre os 8 e os 68 anos de idade, que levan dende decembro pasado preparando este evento.

Colaboran neste concerto o trío El Sueño de Calíope, o solista Juan Abalde, e Abel Martín, do grupo escénico circense La Fiesta Escénica e a banda de gaitas Manxadoira. En total, serán 14 actuacións encadeadas entre si, divididas en dúas partes, na que a primeira se pode considerar escénica e a segunda ten un marcado carácter orquestral.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM