Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Delegación do Goberno nega que se sancionase a Audasa por poñer sinais en galego

Posted by on May 22nd, 2013 y archivado abajo Portada. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Delegación do Goberno en Galicia asegurou que “non houbo ningunha sanción a Audasa polo uso do galego nos sinais da autoestrada” e que “esta confusión vén provocada polas denuncias de ‘determinados axentes’ ante a Dirección Xeral de Tráfico, a cal -como responsable da instrución dos expedientes- tras o seu estudio houbo de proceder á súa desestimación”, aclarou este organismo nun comunicado.

A Delegación subliña que nin na Lei de Seguridade Vial nin no Regulamento Xeral de Circulación aparece tipificado ningún tipo de infracción sobre a rotulación de sinais en galego. Ademais, engade que todas as denuncias dos axentes son tramitadas pola DGT, a quen corresponde abrir o correspondente proceso instrutor “para determinar se unha denuncia é sancionable ou non”.

“De feito, hai que explicar que unha denuncia que non se axusta a Dereito non pode concluír en sanción”. Neste sentido o artigo 56 do texto Articulado da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial dispón con respecto ao idioma dos sinais que: ‘As indicacións escritas dos sinais expresaranse polo menos no idioma español oficial do Estado’.

“Este artigo, por se mesmo, non leva implícita infracción ningunha, posto que no devandito texto non impide o uso do idioma galego. De feito, dende a Delegación do Goberno valórase a riqueza idiomática de Galicia e, neste sentido defendeuse sempre a inclusión dos dous idiomas oficiais, nos distintos sinais de tráfico”.

Nesta liña, lembra que se acaba de asinar recentemente un convenio de colaboración entre a DGT e a Consellería de Educación para a promoción do galego. Así mesmo, a Delegación do Goberno púxose directamente en contacto co Valedor do Pobo en funcións, para informarlle a confusión formulada na súa queixa, en torno ás denuncias inexistentes cara a Audasa por parte da DGT; todo iso dentro do ámbito da colaboración e lealdade institucional entre representantes de dúas administracións con ámbitos competenciales diferentes.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM