vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Protesta no Meixoeiro contra o concesionario da cafetería

Posted by on May 21st, 2013 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O hospital Meixoeiro de Vigo foi escenario este martes dunha concorrida mobilización en solidariedade cos traballadores da cafetería, xestionada pola empresa Oh! Vigo. Dende a CIG-Servizos denuncian que propietario pretende abrirlle un expediente sancionador ao delegado sindical e continúa sen abonar as pagas que adebeda.

A protesta, na que participaron numerosos traballadores do hospital e delegados da central nacionalista, desenvolveuse nun primeiro momento ás portas do centro médico vigués. Posteriormente trasladouse ao interior do hospital, para rematar diante da cafetería tras un breve corte de tráfico.

Dende a CIG-Servizos explicaron que a mobilización, que se prolongou entre as 11.00 e as 12, levouse a cabo para denunciar a “represión sindical e laboral que se gue a practicar o propietario da empresa que xestiona a cafetería”. En concreto, para rexeitar a proposta de sanción ao delegado da central nacionalista “e os cambios de quenda que continúa a facer de xeito arbitrario”. Ademais, censuran que o dono da compañía tampouco cumpre o laudo arbitral polo que se comprometera a abonar os atrasos pendentes.

Ao mesmo tempo, critican “prácticas de acosocomo manter xuntanzas individuais con algúns empregados para lembrarlles que as protestas e a folga convocada recentemente na cafetería para denunciar atrasos e modificación das condicións laborais e para reclamar a negociación do convenio “non serviron para nada”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM