vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Os danos causados pola marea negra do ‘Prestige’ superan os 4.300 millóns de euros

Posted by on May 21st, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Fiscalía ratificou este martes, no xuízo que se celebra pola marea negra do ‘Prestige’, que os danos polo accidente do petroleiro acontecido en novembro de 2002 ascenden “a medio prazo para España a 4.328 millóns de euros, dos cales 2.439 millóns corresponden a Galicia, aos que habería que engadir 114 polos danos na costa francesa.

Na sesión deste martes, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Loureiro presentou un informe pericial a cargo da Fiscalía titulado ‘Custo económico e ambiental ocasionado polo afundimento do Prestige’.

Nesta análise é no que se basea o Ministerio Fiscal para reclamar indemnizacións por un importe de 4.442 millóns, dos que o Fondo Internacional de Indemnización de Danos por Contaminación de Hidrocarburos (Fidac) xa aboou 114 millóns.

A perito da Fiscalía analizou ante o tribunal a repercusión da catástrofe nos diferentes sectores, “aínda que explicou que os cálculos se fixeron a medio prazo porque a día de hoxe, non hai suficiente basee científica e académica para establecer unha estimación a longo prazo”. Ademais, durante a súa exposición, sinalou que no caso de Galicia os danos poderían ser “máis elevados” pola súa “alta dependencia” co sector pesqueiro.

O informe atribúe as maiores perdas para o sector turístico en España que rondan os 500 millóns de euros. Tamén subliñou que as perdas no sector pesqueiro en España ascenderon a 205 millóns, aínda que precisou que hai que sumarlle outros 200 millóns pola caída de reputación e imaxe do sector, o que repercutiu nos seus prezos.

En canto aos danos na saúde nas atencións aos voluntarios que participaron na limpeza das praias, indicou que ascenden a 5,5 millóns, aínda que advirte de que podería ser máis porque “hai estudios” que están a detectar enfermidades que aparecen “a largo prazo” e que supostamente estarían relacionadas coa catástrofe.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM