Galicia

As administracións deben 162 millóns a aos autónomos e tardan en pagarlles 51 días

As administracións públicas tardan unha media de 51 días en pagar aos autónomos en Galicia e débenlles 162 millóns de euros, segundo os datos de maio publicados este luns pola Federación Nacional de Traballadores Autónomos (ATA). Dacordo cos mesmos, os  autónomos galegos son os cuartos que menos esperan para ingresar os seus cartos,, mentres que a débeda das administracións cos traballadores por conta propia na comunidade é a sétima menos voluminosa de todo o Estado.

No conxunto estatal ATA subliña que o prazo medio das administracións públicas aos autónomos aumentou dos 148 días a 151 días nos tres últimos meses, cinco veces máis do que establece a lei de morosidade e a directiva europea da Unión Europea.

Segundo o observatorio de traballo autónomo, o 29,2% dos autónomos tarda en cobrar as facturas emitidas á administración máis de 6 meses, mentres que o 55,1% tarda entre 90 e 180 días e o 15,7% cobra en menos de 3 meses. Dentro dese 15,7%, unicamente o 8% dos traballadores por conta propia cobra as facturas que emite ás administracións públicas nos prazos que establece a Lei, é dicir, nun período inferior a 30 días.

 

También te puede interesar