Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

103 feridos e dous mortos nas estradas de Galicia na ponte das Letras Galegas

Posted by on May 20th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O 061 asistiu durante a ponte das Letras Galegas un total de 103 persoas debido a 73 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do pasado xoves e as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o onte, con 23 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 90 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 73 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 103 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55 e do 45%, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 33% dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 33 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 94. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 80 accidentes, os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións e as ambulancias convencionais acudiron a dous sinistros.

En 84 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 11 foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, seis se atenderon nun centro de atención primaria e dúas persoas resultaron falecidas no lugar do incidente.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM