Galicia

Un galego na corte do Papa Francisco

O ministro xeral da Orde Franciscana, o ourensán Frei José Rodríguez Carballo, foi ordenado arcebispo de Belcastro este sábado nunha cerimonia, na Catedral compostelá, que estivo presidida polo secretario de Estado da Santa Sé, Tarcisio Bertone. “Grazas ao papa Francisco pola confianza que depositou na miña persoa”, destacou.

Na súa alocución final, Rodríguez Carballo mostrouse agradecido deste “inmerecido” don – o nomeamento do papa Francisco como secretario da Congregación para os institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica -, e de que a través del tamén se confíe na orde franciscana. “Comprométome a traballar con todas as miñas forzas”, asegurou.

Tras apuntar que a súa vida tivo “altibaixos sempre”, remarcou que Deus foi o seu “auxilio”, despois de ter unha vocación franciscana e sacerdotal desde idade temperá.

Despois de ser ordenado cunha imposición de mans, entregóuselle un anel, agasallo do papa, unha mitra e un bártulo, ao que seguiu unha gran ovación de todos os fieis congregados. Como peche á súa intervención, Rodríguez Carballo leu unha carta, con data a 18 de maio, que lle enviou o papa Francisco antes de incorporarse no Vaticano como secretario da Congregación para os institutos de Vida Consagrada.

Nela exprésalle o afecto e proximidade” de Deus á súa persoa, e valora que siga ao Apóstolo Santiago o Maior, que se venera en Santiago de Compostela. Por isto, o Papa agarda o ministerio deste ourensán se base en “a mansedubre, a tenrura e a misericordia”, segundo leu este sábado o propio frade.

 

También te puede interesar