Comarcas

Denuncian que a maioría de nenos de 0 a 3 anos de Ponteareas quedarán sen praza na escola infantil

A concelleira do BNG en Ponteareas, Verónica Carrera, ven de alertar do “grave prexuízo que vai supoñer para decenas de familias de Ponteareas” a falta de prazas na escola infantil municipal. Carrera salienta que para o vindeiro curso, “quedan sen praza máis nenos e nenas dos que entran, mentres terán praza 43 nenos de 1 a 3 anos, van quedar fora 54”.

O Bloque afirma que hai decenas de nenos e nenas que non poderán acudir  unha escola infantil pública e as súas nais e pais teñen que pagar unha privada si queren compatibilizar a súa vida laboral e familiar, “co esforzo económico que iso supón”.

Os nacionalistas engaden que “isto non é nada novo xa o ano pasado pasou o mesmo, e levamos así desde hai anos xa que a demanda de prazas supera amplamente a oferta”. Verónica Carrera lembrou que Ponteareas conta con case 1.000 nenos de 0 a 3 anos, e dispón de só 130 prazas na única escola infantil pública para ese tramo de idade.

Na súa opinión, fronte a esta situación, o Partido Popular leva anos retrasando a construción dunha nova escola infantil de 74 prazas, actuación demanda hai tempo, “a pesares de ser unha obra comprometida desde o 2010 polo Ministerio de Educación que paga o 50% do novo centro”.

Carrera subliña que primeiro o Alcalde e o PP boicotearon este investimento retrasando dous anos a consecución dos terreos” e, conclúe, “agora, o goberno do PP na Xunta cambia as condicións iniciais; négase a pagar o outro 50% e quere obrigar ao Concello a pagar o resto da obra”.

 

También te puede interesar