Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Pesar en Esquerda Unida polo pasamento de Luisa Fernández

Posted by on May 18th, 2013 y archivado abajo Cultura. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O coordenador local de Esquerda Unida de Vigo lamentou este sábado o falecemento de Luisa Fernández, candidata á Alcaldía por EU no ano 2007 e, como subliña Rubén Pérez, “figura referencial de moitos movementos sociais de Vigo nos que participou activamente”, como os Comités anti-sida; o IMAN ou a Marcha Mundial das Mulleres.

Pérez sinala que “Luisa ensinounos a toda unha xeración de mozos e mozas que nos incorporáramos á militancia política nos 90 que esta non tiña sentido sen unha interlocución sinceira e activa co tecido social”. Mestra de profesión, dentro de Esquerda Unida era considera da, tamén, mestra, tamén, de todos os homes e mulleres de EU na “vontade de buscar espazos comúns para todos as forzas de esquerda da cidade foron sen dúbida o mellor dos piares que ela nos deixou e que hoxe fortalecen o proxecto da esquerda transformadora de Vigo”.

Luisa Fernández, natural de Monforte, residía en Vigo dende o ano 79. Militou no PC dende o ano 72 e en Esquerda Unida dende a sua formación. Foi militante activa no colectivo vigués antisida (IMAN) e no movemento feminista, nomeadamente no Colectivo Violeta e na Marcha Mundial das Mulleres e membro  da Asociación de axuda ós presos Concepción Arenal.

Rubén Pérez lembra o “compromiso militante de Luisa”, que en tempos difíciles para a organización “non dubidou en aceptar ser cabeza de lista de na municipais de 2007 en Vigo cando a organización solicitoullo”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio
Publicidad de Vigo al minuto 2
ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM