vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Uns 10.000 productores de leite recibirán dende hoxe as axudas ao pagamento único

Posted by on May 17th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

A Consellería do Medio Rural ven de transferir máis de 5,8 millóns de euros -a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)- da axuda do pagamento único destinado aos produtores de leite, xerado a través dunha asignación de dereitos da reserva nacional 2012.

Esta subvención establece unha nova axuda directa ás explotacións lácteas en proceso de reestruturación. Así, os 9.917 produtores beneficiarios foron os que fixeron a solicitude única no ano 2012, declararon hectáreas admisibles e dispoñían, no período de taxa 2011-2012, dunha cota e entregas e/ou venda directas por riba de 12.500 kg.

Os criterios tidos en conta nesta asignación de dereitos foron favorables para o sector lácteo galego, que produce o 38% de leite en España e, neste caso, recibiu un 44% do importe da axuda a asignar a nivel estatal. Como é habitual no pago de axudas directas da PAC, os beneficiarios que indicaran o seu teléfono móbil nas solicitudes recibirán unha mensaxe indicándolles o importe transferido e o concepto.

Por outra parte, o pasado venres a Xunta transferiu máis de 100.000 € a 204 produtores de ovino de carne e leite, agrupados en entidades asociativas do sector, en concepto de axuda para compensar as desvantaxes específicas que afectan aos agricultores deste sector correspondente á campaña 2012. A maior parte deste orzamento (preto do 70% do total) foi para a provincia de Ourense, seguida pola de Lugo e, en menor medida, A Coruña e Pontevedra.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM