Galicia

Máis de 8.000 personas participaron dende o venres en Xuventude Galicia Net

Máis de 8.000 persoas participaron desde o pasado venres e ata hoxe na 14ª edición do Xuventude Galicia Net, a maior party informática de Galicia, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar.

Aos preto de 1.000 inscritos para participar na festa informática, súmanse os máis de 7.000 visitantes que se achegaron e tomaron parte nalgunha das actividades da zona extranet, que estaba aberta ao público. Os relatorios foron un dos puntos fortes desta edición. Todos acadaron unha gran participación, e destacaron especialmente o de Pau García-Milá, fundador de EyeOs; a do xogador do baloncesto, Fernando Romay; ou a de Bernardo Reynolds, product manager en Tuenti.

Foron tamén moi seguidas outras conferencias como a de David Bonilla, titulada “Internet é mentira: como emprender na web dando por suposto que (case)todo o que che teñen contado é falso”; a de Jerónimo López que falou do portal de xogos Otogami; ou a de Xavi Gost, que titulou a súa exposición como “Informático seralo ti, eu son programador”.

Xa no que se refire a dentro da intranet, tras unha fin de semana de conexión ininterrompida a 1gb de ancho de banda e de animación en directo, outro dos aspectos a destacar, xa que contaron cunha elevada participación foron os torneos de videoxogos. Os máis numerosos foron os de League of Legends ou Call of duty.

Con respecto á extranet, onde tiveron lugar as actividades ao aire libre, converteuse de novo nesta edición nun punto de encontro entre as distintas xeracións (pais e nais, fillos e fillas e mozos e mozas) arredor das novas tecnoloxías.

Desde o venres os visitantes accederon de xeito constante a todas as actividades. Tiveron unha especial afluencia o croma para tomarse fotografías, e os obradoiros de ciencia divertida e de maquillaxe, que foron especialmente valorados entre os máis cativos. Nos exteriores do Palacio de Congresos tamén espertou un gran interese o campo de paintball, a tirolina, ou as exhibicións de graffiti.

 

También te puede interesar