Vigo al minuto

Os atletas vigueses, listos para a media maratón, que volve este domingo

A Media Maratón de Vigo, que regresa tras catorce anos de ausencia, disputarase este domingo – 10 da mañá – dende Policarpo Sanz e con máis de mil participantes polo centro de Vigo. Álvarez Salgado, atleta olímpico nos anos 60, recuperou unha clásica a través da Agrupación Deportiva Media Maratón de Samil e, cun equipo de 125 persoas, entre voluntarios e demais membros da organización.

Os atletas terán que recorrer 21.097 en dúas voltas a todo o centro  da cidade e final en Príncipe e Porta do Sol. A unhas horas do peche do prazo de inscrición eran xa 1.043 os e as atletas anotados para a proba, que contará tamén con carreira de relevos – equipos de dous e catro corredores -. O diñeiro recaudado con esta novidade irá destinado a construír pozos de auga en Camerún.

Dende a organización anunciouse ademais que haberá unha charla de Abel Antón – bicampeón do mundo do maratón – no Verbum este mesmo sábado (ás 7 da tarde), e que na carreira haberá unha liebre “segura” para aqueles populares que desexen facer un tempo de 1 hora e 24 minutos.

Este domingo, Policarpo Sanz, García Barbón, Isaac Peral, Areal, Praza de Compostela, Carral, Marqués de Valladares, Rosalía de Castro, Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Pi e Margall, López Moura, Camelias, Romil, Venezuela, Blein Budiño, Ronda Don Bosco, Príncipe e Porta do Sol serán tomadas polo atletismo popular e pecharán ao tráfico entre as 10 da mañá e as 12 e media del mediodía.

 

También te puede interesar