Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

A Diputación impulsa o Plan de Eficiencia Enerxética centrado en reducir a factura eléctrica dos concellos

Posted by on May 9th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O presidente da Deputación de Pontevedra, destacou este xoves que se o aforro e a eficiencia enerxética resultan xa indispensables en todos os ámbitos, nunha provincia como Pontevedra, cunha estrutura territorial moi dispersa, adoptar medidas neste sentido “non é xa unha opción senón unha obrigación”.

Rafael Louzán fixo estas declaracións no marco das Xornadas Técnicas Enerxía e sustentabilidade que se celebran no Sexto Edificio do Museo. Na súa intervención, o presidente da Administración Provincial subliñou o enorme esforzo que os concellos da provincia teñen que facer para afrontar todos os gastos enerxéticos que provocan as amplas redes de alumeado, así como os equipamentos e infraestruturas municipais.

Neste sentido, a Administración Provincial ten en marcha diversas medidas orientadas, fundamentalmente, a que os concellos poidan reducir a súa factura enerxética. Entre as medidas postas en marcha figuran dous proxectos piloto incluídas no programa Retaler II, un dirixido a reducir o consumo enerxético en depuradoras de pequenos núcleos rurais, co que se está a estudar a mellor fórmula para o funcionamento económico e sostible destas instalacións co obxectivo de aplicalo en todas as EDAR instaladas pola Deputación Provincial; e outro centrado nas redes de abastecemento de augas, para conseguir unha mellor xestión das redes de distribución de auga potable.

Así mesmo, conta cun Plan de Eficiencia Enerxética centrado nos dous servizos que concentran a maior parte do consumo eléctrico dos concellos, como son as redes de alumeado, que se levan o 69% do total e os equipamentos municipais.

Louzán incidiu na “necesidade de racionalizar o uso da enerxía, tanto no ámbito privado como no público” e amosouse convencido de que Pontevedra é unha provincia na que “hai un interese claro e demostrable pola eficiencia e o aforro enerxético, basta comprobar que temos máis de 300 empresas dedicadas a este sector, e as numerosas iniciativas que entidades públicas e privadas desenvolven”, polo que chamou a unir forzas para “que Pontevedra se consolide como un referente no uso racional e sustentable da enerxía”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM