Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

Representantes do Naval piden en Bruxelas non ter que devolver as axudas do anterior tax-lease

Posted by on May 8th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

Representantes da industria naval española pediron en Bruxelas a representantes das institucións europeas que estas defendan que non terán que devolver as axudas do anterior sistema de bonificacións fiscais aos asteleiros, o coñecido ‘tax-lease’. Segundo a sociedade que agrupa os estaleiros privados españois (Pymar), a non devolución baséase na “confianza lexítima” e a “seguridade xurídica”, ademáis de subliñar que unha guerra comercial entre produtores europeos, aberta por Holanda, “pode rematar con todo o sector na UE en beneficio de Corea e China”.

Os seus representantes, que non foron recibidos aínda polo comisario de Competencia, aseguran que si o departamento que dirixe Joaquín Almunia forza a recuperación das axudas ao naval ou pospón unha decisión, “desaparecerán os 86.735 empregos que dependen desta industria”.

Os servizos de Competencia da Comisión Europea abriron en xuño de 2011 un procedemento de investigación ao réxime de axudas o efecto das cales foi o inmediato bloqueo da contratación de buques por parte dos estaleiros nacionais. a decisión de Almunia tomouse despois de que a súa antecesora no cargo, Neelie Kroes, considerase en 2009 que o sistema español non era discriminatorio.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM