Publicidad de Vigo al minuto 1

vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O día 17, Pepe Viyuela porá a Vigo nunha ‘Encerrona’

Posted by on May 8th, 2013 y archivado abajo Portada, Vigo al día. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O actor Pepe Viyuela chega o próximo día 17 deste mes de maio a Vigo e faino para nos arrincar as nosas mellores gargalladas. Será no Centro Cultural Novacaixagalicia ás 9 da noite cando nos poña nunha ‘Encerrona’, da que sairá o mellor do seu humor para o deleite do público de todas as idades. As entradas xa poden mercarse, dende 9 €, na web de Servinova.

En ‘Encerrona’ Pepe Viyuela ofrécenos 75 minutos de humor para todos os públicos, nun espectáculo no cal dá boa mostra da súa calidade como actor e clown, poñendo en escena diversas técnicas teatrais ao servicio do humor e a relación co público. O popular actor cómico Pepe Viyuela visita de novo Galicia para presentarnos o seu afamado espectáculo “Encerrona”, que cumpre vinte anos sobre os escenarios de todo o Estado.

‘Encerrona’ é unha reflexión sobre o cotián desde a perspectiva do pallaso. O personaxe vive a experiencia de terse quedado atrapado no escenario. Cando entra en escena non sabe onde se está metendo. Durante algo máis de unha hora, como un bufón de corte arroxado ao salón do trono, vese obrigado a actuar para o público que o observa.

De novo atopámonos ante unha metáfora na que o pallaso é cada un/unha de nós e o seu xogo non é senón a nosa vida, estamos obrigados/as a existir e obrigados/as a actuar, non sabemos onde nos metemos e debemos seguir adiante.

O actor

Pepe Viyuela é un dos actores cómicos máis populares e recoñecidos do panorama estatal. Recentemente, un dos papeis máis sobranceiros foi o que vén protagonizando na serie “Aída” interpretando a “Chema” desde 2005, se ben, este rioxano leva facendo teatro, cine e televisión desde fai máis de 20 anos.

Fixo a súa primeira aparición na televisión fíxoa no programa “Un, dos tres…”, para logo facer parte de series como “Manos a la obra” ou programas como “Museo Coconut” entre outros moitos e no cine estivo ás ordes de Julio Médem no filme “Tierra” e protagonizou “La gran aventura de Mortadelo y Filemón” e “Mortadelo y Filemón. Misión salvar la Tierra”, ademais de tamén formar parte de “El milagro de P. Tinto”, entre outros.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM