Cultura

O Centro Dramático Galego inicia a xira de ‘Días sen gloria’ de Roberto Vidal Bolaño

O Centro Dramático Galego inicia en Ourense a xira da súa produción ‘Días sen gloria’, versión da obra de Roberto Vidal Bolaño dirixida por Fefa Noia. A compañía estará na capital ourensá este o domingo para ofrecer, ás 7 da tarde, unha función para público en xeral e maña luns, día 6 para interpretar, ás 11 da mañá, unha función para escolares.

‘Días sen gloria’ é unha historia de tinguiduras épicas sobre unha viaxe sen retorno, co Camiño de Santiago como fío condutor. O texto, gañador do Premio Rafael Dieste en 1992, fala dun camiño de 30 días, que se resumen sobre as táboas en 30 escenas breves, concentradas en hora e media de función, e 25 personaxes a cargo de 50 actores que presentan 50 espazos nun mesmo escenario.

 

También te puede interesar