vigoalminuto.com - Tu peridico digital

O Bloque pide ao Goberno que negocie con Noruega as pensións dos mariñeiros que traballaron naquel país

Posted by on May 5th, 2013 y archivado abajo Galicia. Puedes seguir cualquier respuesta a esta entrada en el RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta o trackback a esta entrada

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) defenderá este mércores na Comisión de Emprego do Congreso unha proposición non de lei na que insta o Goberno a interceder ante Noruega para que este país pague as pensións que lles corresponden aos mariños españois que traballaron en buques da súa mariña mercante durante anos nas décadas de 1960 e 1970.

O Bloque salienta que neses anos moitos mariñeiros españois, na meirande parte galegos, traballaron en cargueiros, remolcadores off-shore e outros buques da mariña mercante norueguesa e cotizaron por iso os correspondentes impostos ao Estado do país, de acordo ao tratado tributario vixente en aquel momento e á Lei Tributaria norueguesa.

Non obstante, dito acordo non recollía ningún dereito a pensión nin outras vantaxes, polo que “despois de traballar durante décadas as súas pensións son irrisorias porque non lles computa o tempo traballado en Noruega, que hai que lembrar no pertence a Unión Europea, e ademais estas persoas quedaron desamparadas ante as “dificultades que sofren para percibir as prestacións que lles corresponden”.

O BNG explica que os afectados “chamaron xa a todas as portas para intentar solucionar esta situación, comezando pola súa apelación ao Comité de Peticións do Parlamento Europeo, que hai dous anos concluíu que os afectados son “vítimas dunha inxustiza social grave” polo que demandaba a Noruega que chegase a un acordo bilateral con España que “asegure a devolución das devanditas contías” aos mariñeiros.

Os afectados recorreron tamén ao Valedor do Pobo noruegués, recordándolle que as arcas públicas do seu país recadaron 35 millóns de coroas en impostos sobre a renda durante os anos 70 e 80 do século pasado grazas a este traballo. Non obstante, “o prazo límite para modificar as decisións tributarias é de dez anos” polo que “a devolución dos impostos pagados non parece ser unha posibilidade”.

 

Be Sociable, Share!

Deja una respuesta

Anuncio

Publicidad de Vigo al minuto 2

ElektronikSigara - sex shop vibrator
Acceder / Vigo al minuto por VAM