Ciencia y Tecnología

Cursos de ‘preparación á xubilación’ para 300 personas

A Secretaría Xeral de Política Social, organizará entre o 14 de maio e o 18 de xuño once cursos gratuítos de preparación á xubilación para máis de 300 persoas maiores de 55 anos de Galicia e o Norte de Portugal, no marco do proxecto europeo Envellecemento+Activo do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP).

A iniciativa consiste nun curso de formación semipresencial de preparación a xubilación co obxectivo de que contribúa tanto á promoción da autonomía persoal e a un envellecemento activo, como a favorecer a integración e a participación social deste colectivo.

Ao tratarse de cursos semipresenciais (conta con 80 horas das que 62 fanse a distancia) permiten conciliar a formación coa vida laboral, familiar e co tempo libre. A parte presencial terá lugar nas cidades da Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.

O contido dos cursos estrutúrase en cinco módulos que versan sobre a importancia, nesta etapa da vida, das seguintes materias: a saúde física, a saúde mental, as novas tecnoloxías, o tempo libre e a participación social, e os aspectos xurídicos e económicos.

O seu obxectivo é activar un proceso de optimización das oportunidades nos ámbitos da saúde, da participación e da seguridade para mellorar a calidade de vida a medida que as persoas se aproximan  ao tránsito da «vida laboral activa» ao da «xubilación activa».

A inscrición é gratuíta e xa se pode formalizar ata o día 10 de maio mediante o boletín que figura na páxina web do portal de Benestar da Consellería de Traballo e Benestar http://envellecementomaisactivo.eu/curso-de-preparación-para-xubilación; onde tamén se pode consultar a data e o lugar de impartición de cada curso.  O número de prazas é limitado e a selección dos participantes farase por rigorosa orde de inscrición.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.