Vigo al minuto

O Concello e Cogami elaborarán unha nova ordenanza de accesibilidade que controlarán os discapacitados

O Concello elaborará, en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), unha ordenanza municipal de accesibilidade que servirá de “modelo para toda España”. Así o anunciou este venres en rolda de prensa o alcalde, tras reunirse con responsables de Cogami.

Abel Caballero sinalou que este colectivo solicitou ó Concello que se preste atención á promoción do emprego para persoas discapacitadas, para o que se elaborará un “proxecto conxunto”.

Así mesmo, traballarase na redacción dunha ordenanza de accesibilidade na que se recollan os criterios que deben cumprir nese ámbito os edificios públicos e privados, así como outros espazos na cidade. “Xa temos uns requisitos bastante esixentes, pero imos darlle forma a esta ordenanza”, sinalou o alcalde, quen subliñou que serán os propios usuarios con discapacidade os que informarán ao Concello do cumprimento da ordenanza.

 

También te puede interesar