Galicia

Stop Desafiuzamentos pide aos xuices que actúen de oficio e paralicen os procesos con cláusulas abisivas

A plataforma STOP Desafiuzamentos de Compostela entregará este xoves nos Xulgados de Santiago  un escrito no que pide o poder xudicial que actúe de oficio e paralice os procesos nos que existan cláusulas abusivas.

Nunha nota de prensa, STOP Desafiuzamentos indica que “a sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo do pasado marzo permite aos xuíces actuar de oficio nos casos de desafiuzamentos nos que haxa cláusulas abusivas e un desequilibrio de información e poder de negociación entre as partes implicadas”.

Esta sentenza, sublilña a plataforma, “dá aos xuíces ferramentas e vías concretas das que antes carecían”, polo que os insta a botar man destes recursos. Ao emanar dun tribunal superior, afirma, é “directamente aplicable e vinculante para a xudicatura de todo o Estado”. Polo tanto, “a súa ignorancia e non cumprimento supón unha falta ao deber por parte deste poder”.

STOP Desafiuzamentos sinalou que non é a primeira vez que acode con esta mesma reclamación aos Xulgados, posto que en novembro de 2012 xa fixo entrega dun escrito no que pedía a paralización dos procesos vixentes ata o pronunciamento do tribunal europeo.

 

También te puede interesar