Vigo al minuto

Caballero, “Bugallo segue a crer que estamos naqueles tempos nos que se adicaba todo a Santiago e en Vigo calaban”

Nunha nota de prensa enviada aos medios, o alcalde ven de respostar ás declaracións do seu compañeiro de partido e deputado Xosé Sánchez Bugallo, quen hai uns días asegurou que Peinador sempre recibiu un apoio económico da Xunta “equivalente ou superior que o de Santiago”.

Abel Caballero sinala que quere deixar patente o descoñecemento do ex alcalde compostelán e asegura que “nos últimos 9 anos o aeroporto de Santiago recibiu da Xunta, a lo menos, 8,7 millóns de euros fronte aos 2,9 millóns de euros que percibiu Vigo. Nos dous últimos anos, 2012 e 2013, as axudas foron as seguintes: Santiago: 2,5 millóns de euros, Vigo: 0 euros”. Ademáis, o alcalde sinala que o gobernó Feijóo está subvencionando vóos dende Lavacolla a 13 destinos: Alacante, Barcelona, Gran Canaria, Lanzarote, Madrid, Málaga, Palma, Sevilla, Tenerife Sur, Valencia, Frankfurt, Londres e Milán- con Ryanair; “mentres, en Vigo, non hai ningunha compañía subvencionada”. Os voos a Madrid, Barcelona e París desde Vigo “son pagados integramente por todos os pasaxeiros, sen embargo os mesmos voos desde Santiago con Ryanair, son subvencionados pola Xunta”

En opinión de Caballero, “o ex-alcalde de Santiago segue a crer que estamos naqueles tempos nos que se adicaba todo a Santiago e en Vigo calaban. Agora ten que saber que Vigo -300.000 habitantes e primeira cidade de Galicia- lle esixe á Xunta o trato que lle corresponde”.

 

También te puede interesar