Cultura

A TVG gastou o ano pasado 375.000 € na emisión de programas relixiosos, empezando pola misa

Así o admitiu o director xeral da Radio Televisión de Galicia, no Parlamento de Galicia en resposta a unah pregunta do deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Juan Fajardo. Alfonso Sánchez Izquierdo, logo de que Fajardo cuestionase o gasto na programación relixiosa na programación da TVG, asegurou que “a programación relixiosa, no seu conxunto, ten un custo anual de 375.000 € (62,5 millóns das desaparecidas pesetas), ao redor dun 0,3% do noso presuposto”.

Segundo o director xeral, esa cantidade “non está moi alonxada do que invisten outros canles públicos europeos”, e angadiu que tampouco e desmedido o tempo que ocupan os programas relixiosos na TVG. En 2012 sumaron 72 horas totales, das que 28 corresponden ao programa ‘A Sentinela’, adeicado á relixión católica, 24 á retransmisión da misa dos domingos, 14 ao espazo ‘Nacer de novo’, sobre a igrexa evanxélica, e preto de 5 horas á emisión de actos en directo dende a Catedral de Santiago.

 

También te puede interesar